PEGA

É un paxaro moi abundante nos campos galegos, sobre todo por onde hai terras de labor e árbores. 
É moi fácil de recoñecer polo seu rabo longo e as plumas brancas e negras con irisacións azuis e verdes. 
Aliméntase de insectos, vermes, miñocas, grans, pebidas, cobras pequenas, ovos de outros animais, etc. 
Ten un berrar moi típico e cando se xunta unha bandada producen un forte balbordo. Fai o niño de garabullos nas árbores.